ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS 2019
O día 14 de xaneiro ábrese o prazo para solicitar a inscrición no proceso de acreditación de competencias 2019.
Este proceso está dirixido a aquelas persoas que teñan experiencia laboral e desexen acreditar esta experiencia.
As persoas interesadas poden solicitar información en calquera centro que imparta ensinanzas de Formación Profesional, dirixíndose ao Departamento de Orientación do mesmo.
No caso do Departamento de Información e Orientación Profesional do CIFP Imaxe e Son a atención será os luns, martes, xoves e venres en horario de mañá e os mércores en horario de tarde.
Pon en valor a túa experiencia laboral e acredita a túa vida de traballo !!!!
http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion